XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Maalouf, Amin  (enviar correo)
Amin Maalouf naceu en 1949 no Líbano. Fillo dun poeta, pintor e periodista, estudou economía, política e socioloxía. Traballou como periodista no diario An Nahar. Responsable da sección internacional, viaxou por distintos países como Etiopía, Somalia, Bangladesh ou Vietnam, onde foi testemuña da batalla de Saigón. En 1975, cando estalou a guerra do Líbano exiliouse en Francia, onde traballou como redactor xefe da reviste Jeune Afrique. Actualmente se dedica só á literatura. As súas obras están traducidas no mundo enteiro. Recibiu o premio Nonino polo conxunto da súa obra. Recibiu o premio Maisons de la Presse en 1988 pola súa novela Samarcande (Samarcanda), o Goncourt en 1993 por Le Rocher de Tanios (La roca de Tanios) e os premios da Amizade Franco-Árabe e o Paul-Falt da Academia Francesa por Léon l`Africain (León el Africano), ambas as tres publicadas en castelán por Alianza Editorial, xunto ao resto da súa obra: Les Croisades vues par les arabes (Las cruzadas vistas por los árabes), Les jardins de Lumière (Los jardines de Luz), Le premier siècle après Béatrice (El primer siglo después de Béatrice), Les Echelles du Levant (Las escalas de Levante) e o ensaio Les identités meurtrières (Identidades asesinas). Realizou unha incursión no mundo da ópera como autor do libreto de L´amour de loin, unha reflexión sobre a vida e a morte, con música da compositora finesa Kaija Saariahao, que foi recibida con entusiasmo no festival de Salzburgo en agosto de 2000. As súas obras máis recentes foron publicadas xa en galego por Xerais, A viaxe de Baldassare, novela (2000) e A deleiba do mundo, ensaio (2009).