XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Taibo Arias, Carlos  (enviar correo)
Carlos Taibo é profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid. É autor de varias monografías en galego. Entre elas cóntanse “O castelo de fogos” (1991); “Europa sen folgos” (1994); “A nova desorde internacional” (1998); “¿Un novo terceiro mundo?” (2000); “A desintegración de Iugoslavia” (Xerais 2001), “Imperio norteamericano e capitalismo global” (2003), “Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista” (Xerais 2005) e “Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional” (Xerais 2008). Os seus últimos libros en castelán son “¿Hacia dónde nos lleva Estados Unidos?” (2004) e “No es lo que nos cuentan. Una crítica de la Unión Europea realmente existente” (2004). Escribe sobre política internacional en “El País”, “La Vanguardia”, “El Periódico de Catalunya” e os xornais do grupo de “El Correo”.