 |
|
|
 |
Calvino, Italo (enviar correo)
Italo Calvino (Santiago de las Vegas, 1923 - Siena, 1985) é autor dunha obra orientada en dúas direccións ben definidas: a realista e mesmo política, con títulos como ``A especulación inmobiliaria´´ (1957), ``A nube de smog´´, (1958), ou ``A xornada dun interventor electoral´´ (1963); e outra, escrita ó mesmo tempo, situada na fantasía histórica, na fábula filosófica e humanística, que parte da triloxía ``Os nosos antepasados (O vizconde demediado)´´, (1952); ``O barón rampante´´, (1957); ``O cabaleiro inexistente´´, (1959). A maxia e a fantasía, e máis ca nada o xogo intelectual, a referencia irónica e a recreación dos mitos, son, ó cabo, os aspectos predominantes da súa obra, na que salientan títulos como ``As cosmicómicas´´ (1965), ``O castelo dos destinos cruzados´´ (1973), ``Se unha noite de inverno un viaxeiro´´ (1979) ou ``As cidades invisibles´´, que lle valeu no ano 1972 o prestixioso premio Feltrinelli.
|
| |
|
|
|