 |
|
|
 |
Docampo, Xabier P. (enviar correo)
Xabier P. Docampo (Xabier Puente Docampo) (Rábade, 1946). Mestre no Colexio Público de Cambre (A Coruña). Actor de teatro, autor e director de guións para cine e vídeo. Traballou como guionista en Radio Nacional de España. Foi o primeiro presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX). Obtivo o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009. Co-autor das series Canles e Labia de libros de textos para o ensino da Lingua Galega publicadas por Xerais. Autor dunha extensa obra narrativa ten traducidas boa parte dos seus títulos nas linguas peninsulares.
Ten publicadas as seguintes obras narrativas dirixidas a público xuvenil e adolescente : O misterio das badaladas (1986), novela; Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1987), relatos; A chave das noces (1988), novela; O país durminte (Xerais 1993), novela; Cando petan na porta pola noite (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ó mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); O pazo baleiro (1997, Xerais 2002), novela; O home que inventou unha maneira de andar (1998), novela; Catro cartas (2000), relatos; Un conto de tres noites (Xerais 2001), relatos; A casa da luz (Xerais 2002), novela.
Para o público infantil publicou O armario novo de Rubén (Xerais 1989); A nena de auga e o príncipe de lume (Xerais 1990); A casa do porco bravo e Roxelio e a couza (Xerais 1991); Adelaida, Henrique e demais familia (1996): Nube de neve (2000), ¿Víchela, víchela? (2001), Os ollos de Ramón (2001) e O libro das viaxes imaxinarias (Xerais 2008).
|
| |
|
|
|