XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Caride, Ramón  (enviar correo)
Ramón Caride (Cea, 1957) é autor dunha estensa obra literaria que abrangue a poesía, a narrativa para adultos e a literatura infantil. Para o público infantil é creador da serie formada, ata o momento, polas novelas “Perigo vexetal” (Xerais 1995), Premio Merlín 1995; “Ameaza na Antártida” (Xerais 1997), “O futuro roubado” (Xerais 1999), reunidas no volume “As aventuras de Said e Sheila” (Xerais 2001), e “A negrura do mar” (Xerais 2004). Ademais é autor do conto “A primeira aventura de Said e Sheila” incluído no volume “Historias para calquera lugar” (Xerais 2001), e dos contos infantís “Micifú e os seus amigos” (2001), “Ruki, o rato robot”(2003), “O cabo da serpe” (2004), “Bertiño Rompetodo (Xerais 2008), “”Andanzas de Xan Farrapeiro” (Xerais 2009); e da peza teatral “Historia dunha sobreira” (2001).