XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Nicolás, Ramón  (enviar correo)
Ramón Nicolás Rodríguez (Vigo, 1966) é profesor de Lingua e Literatura Galegas. Dirixe a colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia e exerce a crítica literaria no suplemento “Culturas” de La Voz de Galicia e nas revistas Biblos e Qué leer. Colabora no programa da TVG “Libro Aberto” e en iniciativas do Espazo Literario Caixanova. Coautor de diversos libros de textos, publicou O sono sulagado de Celso Emilio Ferreiro (1992), Diccionario dos verbos galegos (1992), Entrevistas a Álvaro Cunqueiro (1994), Papeis de literatura (dez anos de revisión crítica) (Xerais, 2001), Manuel Lugrís Freire. Vida e obra (Xerais 2006), Manuel Lugrís Freire. Biografía e antoloxía (Xerais 2006) e Conversas con Celso Emilio Ferreiro (Xerais 2009). Participou no Diccionario de Literatura Galega (vol. I, 1995), en Galicia Literatura (vol. 34, 2000) e en Celso Emilio Ferreiro. Fotobiografía sonora (2008). Coeditou Fírgoas (Xerais, 1992), Manuel Luís Acuña (Xerais, 2000) e Materia prima (Xerais, 2002). Editou unha Antoloxía da poesía galega I (2008) e as seguintes obras de Celso Emilio Ferreiro: Poesía galega completa (Xerais 2004), Semblanzas, crónicas e artigos (Xerais, 2004) e Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética (2008). Ocupouse de Manuel Lueiro Rey en O sol na crista do galo (Xerais, 2003), Derradeira escolma ferida (Xerais, 2003), O Grove: canción do sol e do vento (Xerais, 2005) e Novas crónicas dunha transición intransixente (1977-1988) (Xerais 2009).