 |
|
|
 |
Casalderrey, Fina (enviar correo)
Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra 1951) é mestra e escritora cunha ampla obra escrita para nenos e mozos. Para o público infantil publicou, entre outras: Dúas bágoas por Máquina (Xerais 1992), novela, premio Merlín de Literatura infantil 1991; A noite dos coroides (1993), novela; Chamizo (Xerais 1994), novela; ¡Asústate, Merche! (Xerais 1994), novela;O misterio dos fillos de Lúa (1995), novela, Premio Barco de Vapor 1995 e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1996; O estanque dos parrulos pobres (1996), novela, premio Edebé de Literatura Infantil 1996; Prohibido casar papá (1996), novela, Lista de The White Ravens 1998; ¡Puag, que noxo! (1997), conto; Podesvir (1997), conto; Unha raíña negra (1998), conto; Cuca e o abrigo marrón (1998), conto; Nolo e os ladróns de leña (1998), conto; Ás de mosca para Anxo (1998, Xerais 2002), novela; Pimpín e dona gata (1999), conto; O misterio do cemeterio vello (1999), novela; Unha pantasma branca (2001), conto; O avó é sabio (2002), conto; O avó sae de paseo (2002), conto; A avoa non quere comer (2002), conto; A avoa ten unha menciña (2002), conto; Derradeira carta ós Reis Magos (Xerais 2002), conto; Eu son eu (Xerais 2004), conto; ¿Quen me quere adoptar? (Xerais 2005), conto; O meu avó é unha gata (Xerais 2005); A lagoa das nenas mudas (Xerais 2007), novela; A Pomba e o Degolado (Xerais 2007), novela; ¿E ti que farías por min? (Xerais, 2010), conto; Un saco de estrelas (Xerais 2010), conto. Premio Irmandade do Libro á Autora do Ano, 2006.
|
| |
|
|
|