XERAIS
E-books
Premios Xerais
Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil
Merlín de Literatura Infantil
Novela
Novidades
Descargas
CATÁLOGO
CATÁLOGO EDUCATIVO
Quen somos?
Blog
Twitter
Facebook
Axenda
Autores
Tradutores
Ilustradores
Cortizas Amado, Antón
(enviar correo)
Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato “A media muller” co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: “Memorias dun río” (1988), Premio Barco de Vapor 1988; “Xiganano ¿onde estás?” (1990); “O conto dos sete medos” (1991), premio Barco de Vapor 1991; “O lapis de Rosalía” (1992); “A bruxa sen curuxa” (1993); “O merlo de ferro” (1995); “Os gritos das illas Lobeiras” (1995), premio Barco de Vapor 1995; “Historias e algún percance todas ditas en romance” (1996); “Leonel” (Xerais 1996); “Contos de vento e de nunca acabar” (1999); “Dominicus o dragón” (2001); “A merla de trapo” (Xerais 2001), Premio Merlín 2001; “¡Cázame ese pensamento!” (2001); “O coleccionista de sombras” (2002) e “Onde o sol non adormece” (Xerais 2003). Publicou tamén o libro de investigación “Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares” (Xerais 2001) e Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota” (Xerais 2010). Coa obra “Incrible invento de Solfis, a pianista” (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós.