 |
|
|
 |
Queizán, María Xosé (enviar correo)
María Xosé Queizán (Vigo, 1939). Licenciada en Filosofía e Letras. Foi profesora de Lingua e Literatura Galegas no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo. Pioneira dentro do feminismo galego. Colaboradora literaria de “La Voz de Galicia”. Directora da revista “Festa da palabra silenciada” e, dende 1999, da colección “As Literatas” de Edicións Xerais de Galicia. Como ensaísta publicou: “A muller en Galicia” (1977), “Recuperemos as mans” 1980), “Evidencias” (Xerais 1990), “Escrita da certeza” (1995), “Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal” (1998), “Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades” (Xerais 2004) e “Anti natura” (Xerais 2008). Como poeta: “Metáfora da metáfora” (1991), “Despertar das amantes” (1993), “Fóra de min” (1995), “Non o abras como unha flor (1980-2004)” (Xerais 2004), onde reuniu toda a súa obra poética e Cólera Xerais 2007). Como narradora ten publicadas as seguintes novelas: “A orella no buraco” (1965), “Amantia” (Xerais 1984), “A semellanza” (1988), “O segredo da pedra figueira” (Xerais, 1989, 2003), “Amor de tango” (Xerais 1992), “O solpor da cupletista” (Xerais 2003) e “Ten o seu punto a fresca rosa” (Xerais 2000), ademais do volume de relatos “¡Sentinela alerta!” (Xerais 2002) e de diferentes relatos en revistas e publicacións colectivas, como «As botas» en “Contos eróticos / elas” (Xerais 1990); «O vendedor de alfombras», relato incluído en “Berra liberdade” (1996). Froito da súa actividade teatral é “Antígona, a forza do sangue” (Xerais 1991). Traduciu para o galego, entre outras obras, “Fenda, loucura e morte” (Xerais 1998) e “Ana soror…” de Margarite Yourcenar (Xerais 2002).
|
| |
|
|
|