XERAIS
E-books
Premios Xerais
Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil
Merlín de Literatura Infantil
Novela
Novidades
Descargas
CATÁLOGO
CATÁLOGO EDUCATIVO
Quen somos?
Blog
Twitter
Facebook
Axenda
Autores
Tradutores
Ilustradores
Nogueira, Camilo
(enviar correo)
Camilo Nogueira Román (Vigo 1936), enxeñeiro e economista, é un dos máis destacados dirixentes do nacionalismo galego. Presidente da Asociación Cultural de Vigo nos anos sesenta, contribuíu a fundar o sindicalismo galego e a estruturar o nacionalismo como organización política entre os anos sesenta e noventa. Foi deputado no Parlamento de Galicia, desde os seus inicios (1981-1993) e desde 1997 a 1999, facendo compatible o traballo político co profesional. Foi concelleiro no Concello de Vigo e membro do Parlamento Europeo na lexislatura 1999-2004. Autor dunha extensa obra ensaística e política publicou en Xerais: O poder industrial en Galicia (Xerais 1980), A memoria da nación I. O reino de Gallaecia (Xerais 2001), primeiro volume do seu vasto proxecto de interpretación da historia política de Galicia titulado A memoria da nación e A terra cantada (Xerais 2006).