 |
|
|
 |
Fernández Ferreiro, Xosé (enviar correo)
Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931), traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas ''Ribeirana do Sil'' (1952) e ''A noite'' (1959). Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte de las no catálogo de Xerais: ''A morte de Frank González'' (1975); ''Morrer en Castrelo do Miño'' (1978); ''A saga dun afiador'' (1980); ''A ceo aberto'' (1981); ''Corrupción e morte de Brigitte Bardot'' (1981); ''Reportaxe cósmico'' (1983); ''A fraga dos paxaros salvaxes'' (1985); ''O minotauro'' (1989); ''Agosto do 36'' (1991), Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial; ''A cidade das chuvias'' (1994); ''O atentado'' (1999), Premio Losada Diéguez; ''O último paraíso'' (2001), ''Millo verde'' (2002), ''Os últimos fuxidos'' (2004), e ''Tempo de centeo'' (2009). Ademais, publicou o libro de relatos ''Co medo nas mans'' (1996) e o relato infantil ''O conto da boa e da mala pipa'' (1996).
|
| |
|
|
|