 |
|
|
 |
Alonso Pimentel, Emilio (enviar correo)
Emilio Alonso (Madrid, 1958) Vencellado aos medios de comunicación desde 1984, colaborou, entre outros, en xornais e revistas como Faro de Vigo, Atlántico Diario, Diario 16 de Galicia, Rock de Lux, Tintimán e La Naval. Foi redactor dos servicios informativos de RNE-Galicia e responsable do programa cultural-musical A Trincheira, emitido no circuito galego de RNE-Radio 4 entre os anos 1986 e 1991. En televisión traballou, desde 1993, como guionista e coordinador de programas, con Pilar García Rego, Teté Delgado, Paco Lodeiro, M. Romón e Roberto Vilar, e tamén para Ana Kiro, Xosé M. Piñeiro e X. L. Blanco Campaña. Aínda que nos quince últimos anos o seu principal territorio laboral foi o mundo audiovisual, exerceu, asemade, labores como “negro”, no mundo xornalístico como columnista de opinión, e no ámbito literario no eido do ensaio histórico. Publicou ¡Po! Diario de un viaje a Palestina (Santiago, Fundación Araguaney, 2003), relato das súas vivencias na viaxe que realizou a ese país no outono de 2002 e Mercurio (Xerais 2009), Premio novela por entregas de La Voz de Galicia 2008.
|
| |
|
|
|