XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Castro, Luisa  (enviar correo)
LUISA CASTRO (Foz, 1966) ten publicadas cinco novelas e seis libros de poemas, ademais dunha abundante obra periodística, froito da súa colaboración en distintos xornais: El Progreso, ABC, Diario 16, El País, La Voz de Galicia, El Mundo...
A súa obra poética recóllese nos seguintes libros: Odisea definitiva (1984); Los versos del eunuco (1987) Premio Hiperión de Poesía; Baleas e baleas (1988) accésit do Premio Esquío de Poesía; Señales con una sola Bandera (2004), antoloxía poética; Amor mi señor (2005).
A súa carreira como narradora comeza con El somier, finalista do Premio Herralde de Novela en 1990. Posteriormente publicará tamén El secreto de la lejía (2001), Premio Azorín de Novela; Viajes con mi padre (2003); Podría hacerte daño (2005), libro de relatos, Premio Torrente Ballester; e La segunda mujer (2006), Premio Biblioteca Breve.
Ademais, traduciu ao castelán o libro de relatos Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín, e publicou os libros de artigos xornalísticos Diario de los años apresurados (1998) e Melancolía de sofá (Xerais, 2009).