XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Pérez Freire, Silvia  (enviar correo)
Silvia Pérez Freire é licenciada en Socioloxía pola Universidade de A Coruña e, dende o ano 2007, profesora de Socioloxía na Universidade de Vigo. Entre o 2003 e o 2008 dirixiu o Centro de Día e Unidade Móbil en Prostitución da Asociación Alecrín en Vigo e derivado deste traballo ten participado en numerosos congresos e proxectos de intervención social sobre Prostitución. O Infome Prostitución Lugo (2006) editado polo Concello de Lugo é o resultado da súa vocación investigadora. É coautora do libro Prostitución:clientes e outros homes. Analise sociolóxica das ideoloxías sexuais masculinas en Galicia (Xerais 2009).