 |
|
|
 |
González Costa, Teresa (enviar correo)
Teresa González Costa (O Grove, 1975). Licenciada en Filoloxía Inglesa e Italiana, con estudos de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Realiza en paralelo unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia: actriz en diversas compañías; talleres de teatro, danza e voz; seminarios. Como docente, impartiu cursos de teatro en centros de ensino, creando varias obras. Nos últimos dous anos e medio viviu en Xenebra realizando guións para un programa radiofónico, na sección teatro, e asistindo a cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce. Nesa cidade participou nunha producción da Comédie de Genève, logo dun taller anual. É autora de pezas de teatro publicadas en Fervenza e Laiovento. Despois de ser mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005, acada no 2008 o XVII Premio Álvaro Cunqueiro con Sempre quixen bailar un tango (Xerais 2009) e o III Premio Manuel María de literatura dramática infantil con Pingueiras e tarteiras (Xerais 2009).
|
| |
|
|
|