XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Calveiro, Marcos  (enviar correo)
Marcos Calveiro (1968), neto de feirantes taberneiros, vive en Vigo, onde desenvolve a súa actividade profesional como avogado. Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís Sari soñador de mares (2006) e Rinocerontes e quimeras (2007), a primeira traducida ao catalán e a segunda ao castelán e ambas as dúas moi ben valoradas pola crítica. En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por O carteiro de Bagdad, novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008. Máis recentemente, mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil 2008 por O canto dos peixes (2008) e o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 pola novela O pintor do sombreiro de malvas (Xerais 2010). En Xerais Narrativa leva publicadas dúas novelas: Festina lente (2008) Premio da Crítica 2008 (narrativa) e Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2009 e Setteccento (2010). Como poeta publicou Cartas do terceiro día (2007), VIIº Premio de Poesía Concello de Carral. Mantén aberto o blog Alfaias
http://alfaias.blogaliza.org.