 |
|
|
 |
Moure, Teresa (enviar correo)
Teresa Moure é profesora de Lingüística na Universidade de Santiago de Compostela. É autora das seguintes novelas: A xeira das árbores (2004), Premio Lueiro Rey 2004; Herba moura (Xerais 2005), Premio Xerais de Novela 2005, Premio Irmandade do Libro á Autora do ano, 2005, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005, Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005 e Premio da Crítica Española 2005; Benquerida catástrofe (Xerais 2007) e A Casa dos Lucarios (Xerais 2007). Publicou, ademais, os ensaios Outro idioma é posible (2005), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004, A palabra das fillas de Eva (2005) e O natural é político (Xerais 2008). Obtivo o premio Rafael Dieste 2007 pola súa peza dramática Unha primavera para Aldara (2008, Xerais 2009), levada a escena por Teatro do Atlántico, e recoñecida co premio María Casares ao mellor texto orixinal 2009 e co Premio AELG 2009 a texto teatral. A súa novela Herba moura foi xa traducida a cinco linguas europeas. Alén destes textos, a autora tira a forza para escribir das intervencións orais onde mostra o compromiso da súa obra co feminismo, coa ecoloxía e coa nación.
|
| |
|
|
|