XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
García, Xosé Lois  (enviar correo)
Xosé Lois García (Lugo, 1945) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Barcelona, cidade onde vive actualmente, e dirixe o Arxiu Históric Municipal de Sant Andreu de la Barca. Escritor e divulgador da cultura galega en Cataluña, conferenciante, articulista, crítico literario e de arte, e antólogo da poesía galega e lusófona nas súas diversas expresións (europea, brasileira, asiática, guineense, angolana, mozambicana) recollida en en libros como “Froriram cravos vermellos”: antologia poética de expressao portuguessa en África e Ásia (1993). É membro da Unión de Escritores Angolanos. Como poeta publicou: “Borralleira para sementar unha verba” (1974), “Do Faro ao Miño” (1978), “Aquarium” (1982), “Materia corporal” (1986), “Os indicios do sol” (1988), “Tempo precario” (1988), “Labirinto incendiado” (1989), “Paixón e rito” (1993), “Círculo de luz e xisto” (1994), “Rosto incompleto” (1996), “A figueira lingoreteira” (poesía infantil, 1997), “Falo de Baco” (1998), “O som das águas lentas” (1998), “Sambizanga” (1999) e “Kalendas” (Xerais 2005). Como ensaísta publicou, entre outros,: “Castelao dende Catalunya” (1978, 1998) e “Uxío Novoneyra. Revisitado” (Xerais 2010).