XERAIS
E-books
Premios Xerais
Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil
Merlín de Literatura Infantil
Novela
Novidades
Descargas
CATÁLOGO
CATÁLOGO EDUCATIVO
Quen somos?
Blog
Twitter
Facebook
Axenda
Autores
Tradutores
Ilustradores
Regueira, Mario
(enviar correo)
Mario Regueira (Ferrol, 1979). Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago, actualmente cursa estudos de doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e remata a Licenciatura de Dereito. Participou en diversas publicacións como A Caramuxa, Citania, Dorna ou Nova Ólisbos, así como en distintos proxectos de creación na rede. A finais de 2006 forma parte do especial monográfico da revista luxemburguesa Abril, dedicado á Literatura Galega. É membro do proxecto editorial alternativo e autoxestionado Estaleiro Editora. Ten publicado reseñas na revista Grial e é colaborador habitual do Cartafol de Libros de Vieiros e da revista galega de música Sonotone. Como narrador ten publicado o libro de relatos Rebelión no inverno (Xerais 2004) e a novela L’ affiche rouge (Xerais 2007); como poeta publicou Tanxerina (2006), Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé para autores inéditos.