XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Reimóndez, María  (enviar correo)
María Reimóndez Meilán (Lugo, 1975) é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción. O seu primeiro libro publicado é o poemario Moda Galega (2002). Como narradora, é autora de tres novelas: O Caderno de Bitacora (2004), premio de novela Mulleres Progresistas 2003; O club da calceta (Xerais 2006), finalista do Premio Xerais de Novela 2005, Premio Arcebispo de San Clemente 2007, traducida ao castelán e italiano, e adaptada á escena por Teatro do Morcego e ao cine por Ficcións; e Pirata (Xerais 2009). No ámbito da literatura infantil é autora de Usha (Xerais 2006), novela xuvenil finalista do premio Merlín 2005; Lía e as zapatillas de deporte (Xerais 2008) e O monstro das palabras (Xerais 2009). Tamén coordinou o libro/DVD O son das buguinas (Xerais 2007). Ademais é fundadora e presidenta da organización non gobernamental de cooperación no desenvolvemento Implicadas/os no Desenvolvemento, (www.implicadas.org), que leva traballando desde o ano 1998 na India e en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurable.