XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Fernández Lorenzo, Rafael  (enviar correo)
Rafael Fernández Lorenzo (Cangas, 1962) é escritor, destacando no eido da literatura infantil e xuvenil con títulos como “O ladrón de voces”, “Son media ducia e parecen cen” e “As flores do meu amigo” (Xerais, 1998). É co-autor de “Conversas con Bernardino Graña” (Xerais 2005). Tamén cultivou a poesía co libro “O mar do cerme”, ademais de participar na mostra itinerante “Naufraxios”.Colaborou con diversos artigos de crítica literaria en “Faro de Vigo” e outros medios. Actualmente prepara unha actividade multidisciplinar que pretende conxugar lírica, música e pintura.