XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Carballeira, Paula  (enviar correo)
Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica; dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Participa en diversos programas da TVG e ten colaborado como locutora na Radio Galega. Como autora de literatura infantil publicou as seguintes obras: “A percura” (1990); “Robín e a boa xente” (1995); “Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima” (1996); “Olo-iepu-iepu” (1999); “Mateo” (1999); “Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico” (Xerais 1999); “Paco” (2001); “Correo urxente” (2001); “O ganso pardo” (2002), “A era de Lázaro” (2004), “Smara” (2006) e “Boas noites” (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007. Ten publicado, ademais, o poemario “Contatrás” (2006).