XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Gutiérrez Izquierdo, Ramón  (enviar correo)
Ramón Gutiérrez Izquierdo naceu en Ourense, 1956. Cursou Filosofía e Ciencias da Educación (Psicoloxía e Pedagoxía) na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente dedicouse ao estudio da Lingua e Literatura galegas. Impartiu clases destas materias nos Institutos das Lagoas e Blanco-Amor (Ourense) e no Instituto de Allariz. Na actualidade é profesor titular da Escola Universitaria de Ourense, pertencente á Universidade de Vigo.
En colaboración con Gonzalo Navaza e Luciano Rodríguez preparou o libro Literatura galega (Xerais, 1982) cando esta disciplina se incorporou aos plans de estudio de Bacharelato,. e xunto cos mencionados autores levou a cabo unha nova versión desta obra en 1991. En 1994 encargouse -xunto con Gonzalo. Navaza- da versión ao galego de Guerreiros, deuses e espíritos da mitoloxía de América Central e Sudamérica (Edicións Xerais).
Ten organizado e impartido diversos cursos de literatura dirixidos a profesores e licenciados en Filoloxía, e tamén publicou artigos referidos á literatura galega nalgunhas revistas como A Trabe de Ouro e o Boletín Galego de Literatura.