XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Rodríguez Gómez, Luciano  (enviar correo)
Luciano Rodríguez Gómez naceu nas terras altas de Viana do Bolo, Ourense, en 1951. Licenciado en Filoloxía Románica polas Universidades de Salamanca e Santiago de Compostela, é profesor de Literatura Galega da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Aínda que se ten ocupado da narrativa e o teatro, case todas as súas publicacións teñen como campo a poesía contemporánea, entre as que cómpre salientar: Literatura Galega (Manual) (1982, 1987, 1991, 1997), Invitación á narrativa (1983), Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega (1986), Poesías de Aquilino Iglesia Alvariño (1991), A poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (1994), Los caminos de la voz (1995), Poesía Gallega Contemporánea (1996), Poesía de Miguel González Garcés (1999), 25 anos de poesía galega (1975-2000) Vol. I, II e III (2002), Horizontes Poéticos (Xerais 2002), Poetas Galegos do Século XX (2004), Poesía Reunida (1957-2001) de Xohana Torres (2004), Olas atlánticas (2005), Tres miradas poéticas (2006).Dix-sept Poètes Galiciens. Dezasete Poetas Galegos (1975-2000) (2008), Poesía suspensa (2008) e O po dos días. Introdución temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño (Xerais 2009).