XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Blanco García, Carmen  (enviar correo)
Carmen Blanco (Lugo, 1954) deuse a coñecer como narradora en Vermella con lobos (Xerais, 2004). Publicou a mostra poética Estraña estranxeira (2004) e, co hererónimo Emma Lucaces, versións de Safo en Do amor e da literatura (2007).
Como ensaísta editou Conversas con Carballo Calero (1989), Literatura galega de muller (Xerais, 1991), Escritoras galegas (1992), Carballo Calero: política e cultura (1991), Libros de mulleres (1994), O contradiscurso das mulleres (1995), Nais, damas, prostitutas e feirantas (Xerais, 1995), Mulleres e independencia (1995), Luz Pozo Garza: a ave do norte (2002), Alba de mulleres (Xerais, 2003), Extranjera en su patria (2005), Sexo e lugar (Xerais, 2006), María Mariño.Vida e obra (Xerais, 2007), María Mariño Carou (2007) e Casas anarquistas de mulleres libertarias (2007).
É profesora de Literatura Galega da USC no Campus de Lugo e coordina, co poeta Claudio Rodríguez Fer, a publicación libertaria Unión Libre.