XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Seoane, Xavier  (enviar correo)
Xavier Seoane (A Coruña, 1954) desenvolve o seu labor no terreo da creación literaria, da arte e da animación cultural. Autor dunha extensa obra poética que iniciou en 1981 con Os bosques escindidos, obtivo o Premio Cidade da Coruña por Iniciación e regreso (1985) e o Premio Esquío por Umbral da vida (1996). Fundador e animador da revista Luzes de Galiza é, xunto a Antón Patiño, autor do manifesto Hai suficiente infinito (Xerais, 1999) e do ensaio Atravesar o espello (Xerais, 1999), vizosa reflexión sobre os libros e a lectura. Como narrador publicou a novela Ábrelle a porta ao mar (2000).