XERAIS
E-books
Premios Xerais
Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil
Merlín de Literatura Infantil
Novela
Novidades
Descargas
CATÁLOGO
CATÁLOGO EDUCATIVO
Quen somos?
Blog
Twitter
Facebook
Axenda
Autores
Tradutores
Ilustradores
R. Jares, Xesús
(enviar correo)
Xesús R. Jares é Catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña. Cátedra obtida co perfil “Modelos de Educación para a Paz e o Desenvolvemento”. Coordina desde 1983 o colectivo Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. Foi presidente da Asociación Española de Investigación para a Paz (AIPAZ) e na actualidade preside a Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ). Deseñou e coordinou o proxecto multidisciplinar e solidario Construír a paz. Cultura para a paz nos anos 1995-1997. Tamén foi o deseñador e coordinador do Programa educativo municipal Aprender a convivir do Concello de Vigo nos anos 2000-2003. Ademais deste, ten publicado en Edicións Xerais outros catro libros: Educación e dereitos humanos. Estratexias didácticas e organizativas (1998), Construír a paz. Cultura para a paz (Cdor., 1996), Aprender a convivir (2001, 3ª edición en 2006) e Técnicas e Xogos cooperativos para todas as idades (2005).