XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
Cobas, Xosé  (enviar correo)
Xosé Cobas Gómez (Logrosa-Negreira, A Coruña, 1953) está vencellado profesionalmente ao mundo da pintura e o deseño gráfico. A comezos dos anos 80 toma contacto co mundo da ilustración, sobre todo na prensa e máis nas revistas, iniciándose na ilustración de literatura infantil e xuvenil, sen abandonar os rexistros pictóricos. Dende aquela publicou numerosos libros, gañou varios premios e participou en diversas exposicións en España e no estranxeiro.