XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
LISTAXE
Unha noite con Carla
2ª Edición - Premio Xerais de Novela, 1995 - Premio Literario Arcebispo San Clemente, 1997
Malvar, Aníbal C. (Autor/a)

En palabras do autor con esta novela "pretendo facer unha reflexión sobre a reconstrucción dos feitos (verídicos ou imaxinados) en literatura e en xornalismo, así que partín dun caso posible de corrupción política para que un xornalista, Rodrigo Albán, nos contase a historia. El escribe un libro de encarga, un libro mercenario, sobre uns feitos acaecidos un ano antes e que remataron co suicido dun político de segunda fila no cárcere". A novela, enmarcada no xénero negro, anque con variantes estilísticas que rompen coa convención obxectivista da prosa habitual neste tipo de literatura, é unha meditación sobre a inocencia, narrada cun estilo duro e directo, por momentos mesmo desapainoxado e cruel, no que destaca a aparición do diálogo como un dos recursos máis adecuados para aproximar ó lector a actualidade viva da materia novelada. A todas luces, unha obra moi recomendable.
 
Á de mosca
Malvar, Aníbal C. (Autor/a)

Á DE MOSCA: Cocaína en estado moi puro, segunda en calidade tras a pasta de coca; chámaselle así porque adoita cristalizar, e as lascas son moi parecidas aos élitros dos insectos. XANO: Figura mitolóxica que se representa con dúas caras. Nos primitivos servicios españois de información (eles detestan que se lles chame <>), os arquivos Xano contiñan documentación sobre a <> de políticos, militares, banqueiros, xornalistas e outras personalidades da pomada. Hoxe en día eses arquivos agachan moitos máis datos e de moita máis xente, están microfilmados e coñécense por un nome moito menos poético.
 
A maldición dos Velasco
Fausto (Autor/a)
Méndez (Autor/a)
Malvar, Aníbal C. (Autor/a)


 
Flores desde Hiroshima
Fausto (Autor/a)
Méndez (Autor/a)
Malvar, Aníbal C. (Autor/a)


 
No nome de amada morta
Fausto (Autor/a)
Méndez (Autor/a)
Malvar, Aníbal C. (Autor/a)


 
IMPRIMIR