XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
LISTAXE
Palabras contadas
2ª Edición
Franco Iglesias, Camilo (Autor/a)

Palabras contadas de Camilo Franco inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais de cinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises. Aproveitando a funcionalidade da literatura breve o autor aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melancolía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor ou a alegría. Palabras contadas deu pé á próxima exposición homónima da Fundación Luís Seoane, organizada dentro do Proxecto-Edición, que tenta aproveitar dúas posibilidades que quizais non se deron antes na historia da narración. Dunha parte a versatibilidade da literatura breve, doutra parte a capacidade para colocar a palabra como código e como significante en sorportes propios dunha cultura industrial ou de masas. En conxunto mesmo se pode entender como unha tentativa de converter ao lector en espectador. a palabra e a narración está no centro de espazos que poden ser considerados escénicos. Neste sentido, a reinvindicación da palabra como creadora de ámbitos leva á creación de espazos nos que o relato adquire significado completo. En moitos sentidos, a creación de espazos que teñen como centro a lectura dun texto é dotar a cada unha das historias da circunstancia que a completa. Case como unha proxección sólida do argumento e do ambiente do relatado.
 
Níxer
Fernández Naval, Francisco X. (Autor/a)
Franco Iglesias, Camilo (Autor/a)
Costa Beiro, Alfonso (Autor/a)

O corazón segue na escuridade. Níxer era o país máis pobre do mundo ata que a terra fixo tremer Haití. Níxer está no mundo sen estar. A fame escurece o presente dun país con carencias crónicas e sen cámaras para explicar por que catorce de cada cen nenos nunca chegarán a ser adultos. Morrerán de fame en silencio e sen imaxes contra a catástrofe. Morrerán mentres os golpes de estado libran escuras batallas polo uranio que produce o país. Este libro promovido dende Galicia por Acción Contra a Fame (ACF) e Cultura Solidaria Galega (CSG) é un testemuño que non pode ser máis que mínimo con respecto ao tamaño da traxedia. Unha reclamación contra a aceptación resignada dunha circunstancia que non por constante é menos grave. Quere ser a demostración de que todos os conflitos son o mesmo conflito: o dunha parte da humanidade colocada en traumática situación de inferioridade. Colocada contra o paredón da invisibilidade entre as traxedias imposibles e os dramas permanentes. Os autores deste libro son: Francisco X. Fernández Naval (escritor), Camilo Franco (escritor e xornalista), Alfon-so Costa (pintor) e Moustapha Bello Marka (escritor nixerino residente en Zinder). Acción Contra a Fame (ACF) é unha organización humanitaria internacional e independente que combate a desnutrición infantil ao tempo que garante auga e medios de vida seguros ás poboacións máis vulnerables. Cultura Solidaria Galega (CSG) é un colectivo formado por representantes do mundo da cultura galega, constituído como grupo de apoio voluntario e desinteresado á Delegación en Galicia de ACF, para sensibilizar sobre a problemática da fame no mundo.
 
IMPRIMIR