XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
AXENDA
2003XANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSETOUTNOVDEC
2004XANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSETOUTNOVDEC
2005XANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSETOUTNOVDEC
2006XANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSETOUTNOVDEC
2007XANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSETOUTNOVDEC
2008XANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSETOUTNOVDEC
2009XANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSETOUTNOVDEC
2010XANFEBMARABRMAIXUÑXULAGOSETOUTNOVDEC

XULLO - 2009

24
XERAIS NO FESTIGAL 2009
Presentacións de libros

O FESTIGAL e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA organizan os seguintes actos ós que vostede está convidado/a:

SANTIAGO DE COMPOSTELA
CAMPUS UNIVERSITARIO SUR
24 de xullo DE 2009

18:00 horas: Presentación de ''O natural é político'' de Teresa Moure con Manuel Bragado e Teresa Moure.

19:30 horas: Presentación do libro ''Nos camiños do entusiasmo'' de Goretti Sanmartín con Manuel Bragado e Goretti Sanmartín.


23
PRESENTACIÓN DO LIBRO ''LEOCADIO, O LEÓN'' DE OLI
''Leocadio, o león'' de Oli

A FEIRA DO LIBRO DE CANGAS e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA aprácense en convidalo/a á presentación do libro: ''LEOCADIO, O LEÓN'' de Oli.
O acto, que contará coa participación de Manuel Bragado e Oli, terá lugar o vindeiro xoves, 23 de xullo, ás 21,00 horas na Feira do Libro de Cangas.

10
FEIRA DO LIBRO DE VIGO 2009
Actos de Edicións Xerais na Feira do Libro de Vigo

Día 10 venres, ás 19,00 horas:
Conferencia do profesor Xesús Alonso Montero arredor dos seus libros máis recentes: Cartas de republicanos Galegos condenados a morte (1936-1948) publicado por Xerais e Ramón Piñeiro ou a reinvención da Cultura Galega publicado por Galaxia.
Intervirán: Xesús Alonso Montero, Manuel Bragado e Carlos Lema.

Día 11 sábado, ás 20,30 horas:
Presentación do libro Sansón Troleyro de Enrique Vázquez Pita.
Intervirán: Enrique Vázquez Pita e Manuel Bragado.

Día 13 luns, ás 20,30 horas:
Luís Rei Núñez asinará exemplares do seu libro Monte Louro (Premio Blanco Amor 2009)

Día 15 mércores, ás 20,30 horas:
Presentación do libro Lúa do Senegal de Agustín Fernández Paz.
Intervirán: Paula Fernández, Manuel Bragado e Agustín Fernández Paz.

Día 16 mércores, ás 20,30 horas:
Presentación do libro Prostitución: Clientes e outros homes. Análise sociolóxica das ideoloxías sexuais masculinas en Galicia de Águeda Gómez Suárez e Silvia Pérez Freire.
Intervirán: Manuel Bragado e as autoras.


08
PRESENTACIÓN DO LIBRO ''CARTAS DE REPUBLICANOS GALEGOS CONDENADOS A MORTE (1936-1948)'' DE XESÚS ALONSO MONTERO
''Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)'' de Xesús Alonso Montero

A LIBRARÍA COUCEIRO e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA aprácense en convidalo/a á presentación do libro: ''CARTAS DE REPUBLICANOS GALEGOS CONDENADOS A MORTE (1936-1948)'' de Xesús Alonso Montero.
O acto, que contará coa participación de Manuel Bragado e Xesús Alonso Montero, terá lugar o vindeiro mércores, 8 de xullo, ás 20,00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago de Compostela.


XUÑO - 2009

30
ACTO LITERARIO-MUSICAL E PRESENTACIÓN DO LIBRO ''PIRATA'' DE MARÍA REIMÓNDEZ
''Pirata'' de María Reimóndez

O REAL CLUB NÁUTICO DE VIGO e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA aprácense en convidalo/a ao acto literario-musical de presentación da novela: ''PIRATA'' de María Reimóndez.
O acto, que contará coa participación de María Reimóndez, Manuel Bragado e do músico Xabier Díaz, terá lugar o vindeiro martes, 30 de xuño, ás 20,30 horas, no Salón Social do Real Club Náutico de Vigo, As Avenidas, s/nº de Vigo.