Número de libros encontrados: 357
Carolina
Carolina Ernau é unha muller que loita por sobrevivir nunha cruel guerra fratricida onde os gañadores, ademais de tratar de aniquilar fisicamente os vencidos, pretenden impedir que pensen e imaxinen...
O tradutor de sombras
Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arrastrar o lector nunha novela hipnótica que comeza en Ourense e remata en Vigo pouco antes do inicio da pandemia...
Lúa Nova
Lúa Lóngora é unha pianista recoñecida e admirada no mundo enteiro. Coa música como eixe sobre o que se vertebra toda a súa existencia, goza dunha vida plena e afortunada rodeada de seres que a queren e que a axudaron a desenvolverse como profesional e como persoa...
O negociador
Un feito histórico, o secuestro máis longo cometido por ETA no Estado español, é o punto de partida desta novela. As negociacións, que se desenvolven en Alxer, son narradas a través do excepcional testemuño do home que participou naqueles encontros pola liberación...
Cando os lobos escoitaban a radio
En 1950, once anos despois da súa estrea mundial, chegaba aos cines españois a película «Foise co vento». A sociedade española, esfarelada polos desastres da guerra, pola pobreza e pola fame, andaba na procura da supervivencia na nova normalidade implantada polos vencedores, once anos despois de rematada a contenda...
Matarán a Reboiras
No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada persecución da policía franquista...
Os seres queridos
Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento...
Imaxes roubadas
Os relatos de «Imaxes roubadas» están inspirados por obras de arte imprescindibles, e, a través delas e da palabra, condúcennos ao encontro co desamor, co abandono, co desprezo ao talento feminino, coas arelas das nais solteiras e das persoas diferentes...
Final feliz
Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente...
Os soños de Miguel
Miguel é un mozo novo, orfo de nai, que será criado polos avós baixo unha disciplina férrea baseada na autoridade propia da ditadura franquista. Despois dun misterioso accidente sufrido polo pai, Miguel vese na obriga de levar o peso do traballo que se fai na casa duns bos labradores como son os de Branco...
Golpes de luz
Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo...
Soamente unha vez
Unha cadela que acompaña a dous cazadores descobre un cadáver no monte. É o cadáver dunha muller desaparecida, que obriga o singular inspector Paiana a centrarse no caso...
Unha rapaza de provincias
1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá os paseos polas Ramblas, os almorzos no ultramarinos do barrio, as expedicións ao SEPU, as tardes dos sábados no parque...
O cervo e a sombra
Mateo, o protagonista desta vibrante e conmovedora novela de Diego Ameixeiras, tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en débeda...