Número de libros encontrados: 152
Todo ben
Todo ben ábrese coa noticia do asasinato de Andrés Fingoy, un rico emigrante galego aspirante á presidencia do Flamengo, no estadio de Maracaná do Río de Janeiro...
Illa Soidade
Lucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio...
Dragal I
Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía...
A cripta do apóstolo
Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante dezaseis días...
A Cabeza de Medusa
Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite...
O Brindo de ouro II
Selmo, o Gardián do Brindo de Ouro, protexe ao seu pobo arxina no Pico de Brío, até que unha noite chega un guerreiro con novas que trocarán a paz das aldeas e porán ao Gardián nunha encrucillada onde nada é o que parece...
Poderosa 2
Todo o que escribe coa man esquerda convértese en realidade, e isto fai que Joana Dalva sexa unha persoa , moi especial. Como debe usar ese poder para curar a súa avoa?, como axudar a unha amiga a curarse da anorexia?, ou, como escapar dun secuestro? Estes son algúns dos desafíos que «a rapaza que ten o mundo na man» relata no seu diario...
Makinaria
Makinaria de Carlos Negro é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este pode ser o teu libro; un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis límite que o do contaquilómetros que sinala unha ruta suicida; un libro de versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como meta o destino cemiterio...
Flanagan 007
A irmá de Flanagan e o seu mozo desapareceron. Parece que ámbolos dous traizoaron a unha ong, roubando unha enorme cantidade de cartos destinada a un país do Terceiro Mundo...
Mutacións xenéticas
Hadrián vai realizar o seu bautismo de voo. Pensa que as primeiras vacacións que pasará fóra do seu país serán as máis aburridas da súa vida porque convivirá cun estraño ser, ó que nin sequera coñece...
Proxecto Bolboreta
Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como "Efecto Bolboreta", acuñadas por científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: "o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo"...
Cazaría salvaxe
Wotan, o Demo Negro ou Señor do Inframundo, tiña ollos de lume, o corpo invisíbel ás miradas e unha negrume inescrutábel ocupaba o baleiro que ía deixando...
Veleno tinto
Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar...
Vestio
A doutora Eva García, destinada no remoto lugar de Viana das Veigas, atópase cun cadáver sen rostro e coas mans esmagadas. Xunto ao cadáver aparecen unha carta e un diario...