Logo Xerais

Info tradutor/a

Cajaraville, Héctor

(enviar correo)

Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa en diferentes entidades e institucións, como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela ou o Concello de Santiago, e tamén como redactor nos diarios "La Voz de Galicia" e "De Luns a Venres". En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, "De remate", e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con "Quen dá a quenda?" (Xerais, 2016). Nese mesmo ano a súa obra "A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas)" (Xerais, 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña, e en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con "Once portas" (Xerais, 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con "Denébola a Roxa".É o autor da tradución ao galego da novela "O gardián invisible", de Dolores Redondo. Ademais, participou na redacción do "Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato" (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía do mundo do mar, recursos ludolingüísticos na prensa ou análise da linguaxe xornalística. Desde 2011 dedícase á corrección de orixinais para diferentes selos editoriais galegos.

As súas obras como tradutor/a