Logo Xerais

Info tradutor/a

Dunne, Jonathan

(enviar correo)

Jonathan Dunne editou e cotraduciu o primeiro volume desta antoloxía, Antoloxía da literatura galega 1196-1981, unha ollada histórica a 800 anos de literatura galega a través de cincuenta e cinco textos en edición bilingüe. Tamén editou e traduciu o suplemento Contemporary Galician Poets para o número de inverno de 2010 de Poetry Review, a revista da Poetry Society do Reino Unido. Traduce do búlgaro, catalán, galego e castelán, e os seus traballos máis coñecidos son as traducións de obras de Manuel Rivas, entre as que se inclúen as versións en inglés d’O lapis do carpinteiro e Os libros arden mal. Escribiu dous libros: un poemario, Even Though That, e un estudo das conexións existentes entre palabras inglesas, The DNA of the English Language. Dirixe a editorial Small Stations Press, que publica a colección Galician Classics.

As súas obras como tradutor/a