Logo Xerais

Info ilustrador/a

Fariña, Anxo

(enviar correo)

Anxo Fariña (Vigo, 1977). Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e Director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes, ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler gústalle: escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! En Xerais ten publicados os libros “A chave da Atlántida” (2011) Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento (5º e 6ª Primaria), 2013, a Serie “Os Megatoxos”, “Horizonte de sucesos” (2016) e "4 xinetes" (2017). Anxo Fariña mantén o seu blog: http://megatoxos.blogspot.com/

As súas obras como ilustrador/a