Ilustrador/a
Belén Martín Franco
Belén Martín Franco (Lugo, 1970). Estudou Filoloxía Hispánica e Galego-portuguesa na Universidade de Santiago. Realizou un DEA en Langues et cultures étrangères et régionales pola Universidade de Rennes 2-Haute Bretagne e un Máster en Literatura Comparada pola UNED. É profesora numeraria de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario dende o ano 1996. Tradutora do castelán e francés ao galego e ilustradora ocasional. O seu primeiro libro publicado é A rula, o peluche e a nena.