Logo Xerais

Info autor/a

Lourenzo González, Manuel

(enviar correo)

Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955). Licenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura. Como escritor, publicou os libros de relatos para adultos Algúns outros (1991), Da esfinxe (1992), As paisaxes compartidas (1996, premio Carvalho Calero), Noites de papel (1997, premio Café Dublín), Infidelicidades (2002, premio Narrativas Quentes), e as novelas Arqueofaxia (1995, premio Manuel García Barros), O xardín das pedras flotantes (2008, premio Xerais) ) e Atl (2012, premio Blanco Amor de Novela, 2011). No ámbito da literatura xuvenil, é autor das novelas No outono das fragas (1995), Tanis I o Mocos (1998), O que é a vida (2001), Estanislao, príncipe de Sofrovia (2002), Irmán do vento (2003, premio Merlín e premio Frei Martín Sarmiento), Ela atopa un nome (2005), Unha pantasma no colexio (2006), O día despois do día (2007), e Mundo Arb (2011, premio O Barco de Vapor), algunhas das cales foron traducidas ao castelán. Como autor de libros infantís, publicou Animais de compañía (1998, seleccionado para o catálogo White Ravens 2000), O patadón (2001), Piñeco (2004) e unha versión do clásico A leiteira (1999). No campo do teatro, é autor de Auto do Entroido (1995, premio O Facho) e A música da noite (2001, premio Estornela). Asemade, ao longo destes anos participou en numerosos libros colectivos, como Muralla de Cresconio 2, Galicia Solidariedade, Premios Pedrón de Ouro 1990-1991, Unha liña no ceo. 58 narradores galegos, Novo do trinque, Contos de chistes, portas e sorrisos, Educación e Paz III. Literatura galega pola paz, Limiaxinacións, e en publicacións periódicas, entre as que destacan as súas colaboracións na revista de humor «Retranca» (anos 2007- 2010). É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais, 1995- 1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter.

As súas obras como autor/a