Logo Xerais

Info autor/a

Fernández Paz, Agustín

(enviar correo)

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor desenvolveu un ampla obra narrativa, na súa maior parte publicada por Edicións Xerais de Galicia, traducida e recoñecida cos máis importantes premios. Deuse a coñecer en 1989 co libro de contos A cidade dos desexos, o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector, ao que seguiron As flores radioactivas (1990), novela, Premio Merlín 1989; Contos por palabras (1991), relatos, Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992, seleccionado entre a centena de títulos considerados como os mellores da literatura infantil do século XX; Rapazas (1993), relatos; Trece anos de Branca (1994), novela, Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; Cartas de inverno (1995), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil; Amor dos quince anos, Marilyn (1995), novela; O centro do labirinto (1997), novela; O laboratorio do doutor Nogueira (1998); Cos pés no aire (1999), novela, Premio Raíña Lupa; Aire negro (2000), novela Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; No corazón do bosque (2001), novela; Un tren cargado de misterios (2001), conto; Noite de voraces sombras (2002), novela; A praia da esperanza (2003), conto; O meu nome é Skywalker (2003), novela, Premio Barco de Vapor; Tres pasos polo misterio (2004), relatos; Fantasmas no corredor (2005), conto; Corredores de sombra (2006), novela, Premio Frei Martiño Sarmiento; O único que queda é o amor (2007), relatos, Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, Premio Neira Vilas da AGE, Premio da AELG, Premio Frei Martiño Sarmiento; Lúa do Senegal (2009), novela, Premio da AELG; Valados (2009), conto; Non hai noite tan longa (2011), novela, Premio Ánxel Casal 2011, Premio Losada Diéguez 2012 e Premio Irmandade do Libro 2012; Fantasmas de luz (2011), novela, Premio da Crítica Galicia 2012; Desde unha estrela distante (2013), conto; A viaxe de Gagarin (2014), novela, Premio Ánxel Casal 2015, Premio AELG 2015 e Premio da Crítica Galicia 2015; A neve interminable (2015), novela, Premio Frei Martín Sarmiento 2016 e O soño do Merlo Branco (2016), conto. Reuniu textos memorialísticos no libro O rastro que deixamos (2012). A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas, coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E (2009) da AELG; e en 2011 recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012 e en 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.

As súas obras como autor/a