Logo Xerais

Info autor/a

Queizán, María Xosé

(enviar correo)

María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é escritora, directora da revista Festa da palabra silenciada e pensadora feminista. Como narradora deu á luz as seguintes novelas: A orella no buraco (1965), Amantia (Xerais 1984), A semellanza (1988), O segredo da Pedra Figueira (Xerais 1989, 2003), Amor de tango (Xerais 1992), O solpor da cupletista (Xerais 2003), Ten o seu punto a fresca rosa (Xerais 2000), Meu pai vaite matar (Xerais 2011), A boneca de Blanco Amor (2014) e Son noxento (Xerais, 2015), amais do volume de relatos Sentinela, alerta! (Xerais 2002, 2015) e a biografía Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros (Xerais, 2014). Como poeta é autora dos seguintes títulos: Metáfora da metáfora (1991), Despertar das amantes (1993), Fóra de min (1995), Non o abras como unha flor (Xerais 2004) e Cólera (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia Antígona, a forza do sangue (Xerais 1991), o drama Cartuxeira (2008) e a comedia Neuras (2008). Ademais, traduciu para o galego relatos de Emilia Pardo Bazán e de Marguerite Yourcenar. Como ensaísta publicou: A muller en Galicia (1977), Recuperemos as mans (1980), Evidencias (Xerais 1990), Escrita da certeza (1995), Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal (1998), Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades (Xerais 2004), Anti natura (Xerais 2008) e Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial (Xerais 2011).

As súas obras como autor/a