Logo Xerais

Info autor/a

Cobas, Amadeo

(enviar correo)

Amadeo Cobas naceu en Noia (A Coruña). Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Escribe en castelán e galego. Ten publicados os seguintes libros en solitario: “Un amigo en el Galacho” (2001), “Contos de viaxe” (2002), “Miranda”, (2004), “Pasar a la posteridad” (2005), “As pantasmas sodes do que non hai” (2007) e “A cacería” (Xerais, 2016), Vº premio de novela curta “Cidade centenaria de Riveira”. Ten publicados os seus textos en obras colectivas como “Alma de Beiramar” (2003), “Historias de Loarre” (2005), “Aragón: ríos de arte” (2006), “Monegros” (2006), “Historias para catar”, (2006), “A doenza da paisaxe” (2007) e “Ducha escocesa” (2008).Articulista en diversas revistas culturais, foi colaborador dos suplementos de crítica literaria dos xornais “Heraldo de Aragón” (Artes y Letras), “Diario de Teruel” (El Parnaso) e na actualidade do blog de crítica literaria “La tormenta en un vaso”. Acadou varios galardóns literarios, como o premio no VII Certamen de Relatos “Tierra de Monegros”, de Huesca, a mención honorífica na modalidade de conto do Premio Platero 2005, en Ginebra (Suiza) ou o accésit de poesía no X Certamen Manuel Oreste Rodríguez, de Paradela (Lugo). É membro fundador da Asociación Cultural Catropatacos.

As súas obras como autor/a