Logo Xerais

Info autor/a

Loureiro, Ánxela

(enviar correo)

Ánxela Loureiro (Ánxela Loureiro Fernández) é profesora de Educación Primaria, especializada en música. A súa afección pola música levouna a formar parte do grupo folc saraibas como solista e participar na cinta casete Cancións para o ano (Xerais 1995). Traballa como investigadora na recuperación dos xogos tradicionais dende a escola. Iniciou a súa actividade como creadora en 1978 coa obra de teatro ¡Ollo hai lurpios na horta!, que acadou o premio de teatro Infantil do Ateneo Ferrolán. Publicou as seguintes obras de literatura infantil: Viaxe de ida e volta (Xerais 1996); Laia, a nena da illa (Xerais 1998); Camiño perigoso (Xerais 2002), novela, finalista do Premio Merlín 2002 e Ota quere voar (Xerais, 2003), conto, Premio Lecturas Galix, 2005 (de 8 a 10 anos), Premio Literario Frei Martín Sarmiento, 2004 (de 8 a 10 anos).

As súas obras como autor/a