Logo Xerais

Info autor/a

Quiroga, Xabier

(enviar correo)

Xabier Quiroga deuse a coñecer no terreo novelístico galego coa sorprendente Atuado na braña (Xerais 2002), novela longa á vella usanza que, ademais de conquistar a fidelidade dun lector galego ávido de grandes historias de noso, recibiu unha calorosa acollida da crítica (Premio Losada Diéguez 2002, Finalista Premio Arcebispo San Clemente 2002 e do Premio Novela Europea Casino de Santiago 2002). Reapareceu cunha pequena alfaia literaria: Era por setembro (Xerais 2004), novela de formato máis breve que seduciu pola «emoción que destila no recanto de cada páxina e pola súa escrita vizosa e engaiolante». Volveu tras os pasos da súa primeira novela en Se buscabas un deus (Xerais 2006), novela de longo alento na que propoñía unha reflexión sobre o futuro que nos agarda. A súa novela O Cabo do Mundo (Xerais 2009) recibiu o Premio da Crítica 2010 e Zapatillas rotas (Xerais 2014) o Premio da Crítica 2014. A súa última novela é Izan, o da saca (Xerais 2015).

As súas obras como autor/a