Logo Xerais

Info autor/a

Queipo, Xavier

(enviar correo)

Xavier Queipo (Compostela, 1957). Desde 1990 escribe e publica regularmente en galego. É autor, entre outros libros, de Ártico e outros mares (relatos, 1990); Ringside (relatos, 1993), O Paso do Noroeste (novela, 1996); Malaria sentimental (novela, 1999); Papaventos (Xerais 2001, novela); O ladrón de esperma (Xerais, 2001, relatos); Os ciclos do bambú (relatos, 2003); Glosarios (poesía, 2004); O espello e o dragón (Xerais, 2005, literatura infantil); Dragona (Xerais, 2007, novela); Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas, 2007); Saladina (novela, 2007); Felices e diferentes (crónicas radiofónicas, 2009); A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil, 2009); Cartas marcadas (ensaio, 2010); Ártico 2.0 (relatos, 2011) e Extramunde, Premio Xerais de Novela 2011. Membro do Dichterscollectif van Brussel desde 2007. Premio da Crítica española en 1991 e Premio Xosé Mª Álvarez Blázquez ao Autor do ano 2011. Ten participado en numerosos libros coletivos e antoloxías, traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert, e do inglés a Conrad e Joyce.

As súas obras como autor/a