Logo Xerais

Info autor/a

Tolkien, J. R. R.

(enviar correo)

John Ronald Reuel Tolkien (Bloemfontein 1892-Oxford 1973), profesor de anglosaxón da Universidade de Oxford, foi unha das personalidades literarias máis relevantes do século XX.A súa primeira obra O Hobbit (1937, Xerais 1999), xa presentaba por vez primeira o denso mundo mitolóxico que recreará na súa obra máis trascendental O Señor dos Aneis a súa famosa triloxía formada por A irmandade do anel (1954, Xerais 2001), As dúas torres (1955, 2002) e O regreso do rei (1955, Xerais 2002). Outras obras que tamén acadaron grande popularidade son Giles farmer of Ham (1945), The adventures of Tom Bombadil (1962), Tree and Leaf (1964), The road goes ever on (1967) e The Silmarillion (0bra póstuma, recompilada e editada polo seu fillo). A traducción das súas obras en galego foi realizada por Moisés Rodríguez Barcía.

As súas obras como autor/a